Thursday 19 de September de 2024

Accidente de tráfico na AC-404, á altura da rotonda de Pino do Val, no concello de Mazaricos


Os bombeiros do parque Comarcal Provincial de Santa Comba foron alertados sobre as 22:25 horas de onte, domingo 4 de agosto, dun accidente de tráfico acontecido en Pino do Val, na parroquia de Chacín, pertencente ao concello de Mazaricos.

A incidencia tivo lugar na rotonda de Pino do Val e foi orixinada pola colisión ente dous vehículos, provocando que un deles envorcase. As persoas involucradas resultaron feridas, aparentemente de carácter leve, e foron trasladadas ao Complexo Hospitalario Universitario de Santiago.

O operativo consistiu na desconexión dos vehículos e na posterior limpeza da vía. Nel tamén tomaron parte Garda Civil Santiago, a Garda Civil de Tráfico Santiago, o 061 Muros, o GES Noia e o SMPC Mazaricos.